Descúbreme
Ribeira
Despois de visitar lugares como as Illas Cíes, os Ancares, Viveiro, Verín ou Monforte de Lemos, entre outros, o programa “Descúbreme” achégase na penúltima edición da súa segunda temporada a Ribeira.
Na capital da comarca da Barbanza, o descubridor “Colombo”, personaxe interpretado por Ricardo de Barreiro, contará na súa encomenda coa axuda do músico e actor Tonhito de Poi, natural desta vila. A praia de Coroso ou a do Vilar, o Parque Natural de Corrubeo ou o Dolmen de Axeitos serán algúns dos tesouros que se poderán contemplar esta noite.
A semana que vén Santiago de Compostela pechará esta segunda temporada do programa, que conseguiu os domingos á noite uns datos de audiencia notables, coa edición do domingo pasado, dedicada ás terras do Deza, como a máis seguida, cun 11,3% de cota de pantalla e 120.000 espectadores de audiencia media.