Estache bo!
Revolto de pisto con ovos e xamón
02/03/2020 11:30 h
INGREDIENTES:
- OVOS
- 150 GR DE XAMÓN CURADO
- ½ CEBOLA
- 1 MADA DE VERZA
- 1 CABACIÑA
- 1 TOMATE
- PAN PARA CAROCHOS
- SAL E PEMENTA
- OLIVAS NEGRAS
- 1 DENTE DE ALLO
- ACEITE DE OLIVA
- QUEIXO ARZUÁ ULLOA
ELABORACIÓN: Nunha tixola con aceite de oliva poñemos a rustrir a cebola, o dente de allo , a cabaciña e o tomate en dados sen sementes. Salpementamos e cando a verdura estea ao dente engadimos un pouco de queixo ás olivas negras e os grelos. Mesturamos ben. Nun cunco para facer o baño maría batemos moi pouco os ovos e engadimos as verduras, e sen parar de remexer facemos o revolto. Na bandexa do forno poñemos uns liscos de pan a torrar cun pouco de aceite de oliva 15 minutos a 180º. Empratamos e listo para comer.