CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Revista Galega de Teatro, La Yogurtera e “Eroski Paraíso”

18/03/2016 21:00 h

A Revista Galega de Teatro recibirá o premio de Honra María Casares, entregado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O seu director, Antón Lampereira, vén hoxe ao “ZigZag Diario” para falar das súas impresións polo devandito recoñecemento e comentar os traballos que esta revista levou a cabo durante todo este tempo e os futuros proxectos. 
O espazo da tvG2 sempre está presente no nacemento das novas empresas da industria cultural e por iso hoxe lle dedican unha completa reportaxe de benvida á productora teatral La Yogurtera, que estrea o espectáculo “A forma das cousas”.
“ZigZag Diario” tamén estará presente nos ensaios da última montaxe de Chévere, “Eroski Paraíso”, unha proposta construída sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que se está vindo abaixo.

Atopar capítulo por: