CRTVG

Buscar

Reporteiros

Monográfico sobre a catástrofe do Prestige

10/11/2012 20:15 h

Monográfico especial sobre a catástrofe do Prestige, da que fai 10 anos o martes. A casualidade quixo que ese mesmo día se retome o xuízo coa declaración do capitán Mangouras, imputado como un dos responsables da maior catástrofe ecolóxica causada na costa galega.

A través dunha reportaxe de 45 minutos, o programa da TVG recorda eses días o accidente e posterior afundimento, a marea negra que encheu as nosas costas de chapapote, a marea branca de voluntarios que contribuíron a limpalas, un movemento espontáneo como nunca ata entón se producira, e a mobilización social da man de Nunca Máis.

Os espectadores poden ver como unha década lles permite aos seus protagonistas reflexionar con perspectiva sobre o que aconteceu e concluír que, a día de hoxe, a lexislación para casos similares apenas mudou.

Atopar capítulo por: