CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Repaso cultural do 2015 (Parte II)

03/01/2016 01:15 h

Para comezar, o programa lembraralles aos espectadores da Galega que ata abril de 2016 está aberta na Fundación Barrié da Coruña a mostra antolóxica do afamado arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Trátase dunha retrospectiva que leva xa dous meses aberta ao público e na que se amosa un total de 16 maquetas, 24 planos de gran formato e máis de 400 fotografías sobre o autor, así como os documentais “Polo territorio da arquitectura” (2006) e “Maestros de la arquitectura” (2015).
A voltas co éxito da película de Dani de la Torre “O descoñecido”, Tino Santiago entrevista nesta ocasión a Borja Pena, productor de Vaca Films, a empresa que levou a cabo a produción do filme, que contou coa participación da Televisión de Galicia. Todo tipo de detalles atractivos, sobre todo os referidos aos efectos especiais, serán destacados nesta conversa con Borja Pena.
Outro asunto da orde do día para este resumo anual de “ZigZag-Eirado” é o musical. O programa destacará as composicións e perfomances de Abe Rábade, quen se formou nos Estados Unidos para configurar o seu propio grupo Abe Rábade Trío nos seus inicios, para transformarse máis tarde en GHU! Proyect, un grupo que adapta todo tipo de obras, destacando as medievais do século XIII, a un contexto jazzístico que leva por nome Cantigas Suite e que formou parte dun concerto especial do Xacobeo 2004.

Atopar capítulo por: