CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Redondela

26/12/2015 16:30 h

O programa “Aquí Galicia” para en Redondela, terra do choco. Os presentadores Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña van poder degustalo tanto en empanada de millo, como na súa tinta con arroz e tamén á prancha con cachelos. Pero para completar o menú mariñeiro os protagonistas estarán na Festa da Mazá.

E música, moita música con orquestras como Suavecito, América, a Banda de Música e os grupos tradicionais galegos como “O carballo das cen pólas” e “Airiños da Peneda”. Acorde con estas datas “Aquí Galicia” detense no bando de Reis da parroquia do Viso onde unha das agrupacións máis tradicionais no sur de Galicia sae a cantar panxoliñas.

Catro vídeos amenizarán tamén a xornada vespertina en Redondela e na Televisión de Galicia nos que se salientan algúns dos fitos emblemáticos como as pontes de Rande e as dos viaduto de Madrid e de Pontevedra, estes dous últimos declarados Ben de Interese Cultural. Despois visitaremos a illa e enseada de San Simón con “Redondela natural”, e para os turistas o mellor é que estean atentos a “Turismo por Redondela”, onde o reporteiro se detén na igrexa de Santiago, o convento da Vilavella, a praza de abastos ou as esculturas da Coca.

Para rematar, unha lembranza ao escritor nantés Xulio Verne e o seu vinculación coa ría de Vigo, onde veu na busca dos galeóns de Rande e a memoria da histórica batalla naval entre españois e franceses contra ingleses e holandeses, en 1702.

Santiago.-

Atopar capítulo por: