Área pública
Área pública
Presentado por Susana López. Interveñen María Val, Rodrigo Cota, Rosana López e Luís Rego. Convidado, o analista político italiano Euprepio Padula.
Entrevistas a:
- Antonio Miguel Carmona, concelleiro do PSOE en Madrid.
- Aida Loira, militante socialista de Pontevedra, unha das promotoras da 'revolución das rosas' ante a sede central do PSOE.
Asuntos:
- Caso Gürtel. Francisco Correa implica grandes construtoras e ministerios.
- Crise interna no PSOE: militantes socialistas rebélanse contra a xestora.
- A alcaldesa de Lugo pídelle á xestora do PSdeG que lle poña fin á interinidade.
- Errejón non competirá con Iglesias polo liderado de Podemos.
- Campaña norteamericana: Donald Trump nega as acusacións de abusos sexuais.
- Sabores da terra en produtos que mesturan o enxebre e o moderno, como o iogurt de licor café.
- Atopan dúas batas da marca coa que Amancio Ortega se iniciou no mundo téxtil.
- Outros empresarios que amasaron grandes fortunas e comezaron de cero.
- Proposta de limitar a 30 a velocidade dos vehículos nos núcleos urbanos: Pontevedra.
- Semáforos no chan para evitar accidentes con peóns que usan o móbil.