Área pública
Área pública
Presentado por Susana López. Interveñen María Val, Rodrigo Cota, Roi Rodríguez e Rosana López.
Entrevistas:
- Antonio Dieter Moure, ex-presidente do CEG.
- Luis Baneira, secretario de política sindical de UXT.
- Santos Héctor Rodríguez, secretario provincial do PSdeG en Pontevedra.
Asuntos:
- Crise na Confederación de Empresarios de Galicia. Dieter Moure asegura que dimitie por razóns persoais.
- Celébrase a Xornada Mundial polo Traballo Decente.
- Críticas a Leiceaga no seo do PSdeG.
- Beatriz Sestayo acusa o alcalde de Ferrol de tránsfuga.
- Deputados do PSC anuncian que votarán en contra da investidura de Rajoy.
- A visión humorística do momento político en España a través de Peridis - que acaba de visitar Santiago - e do Carrabouxo.
- O Presidente de Colombia, Premio Nobel da Paz.
- Remata a segunda semana de declaracións no xuízo das tarxetas opacas.
- A Fiscalía pide que se procese a Neymar, seu pai e Sandro Rosell pola fichaxe do xogador.
- Polémica pola difusión dun vídeo sexual no que aparecen implicados dous xogadores do Eibar.