Especial
Rapa das Bestas de Sabucedo 2016
04/07/2016 22:45 h
Con milleiros de visitantes cada ano, a rapa das bestas de Sabucedo está declarada de Interese Turístico Internacional.
Esta tradición responde á lenda segundo a que unha terrible peste que arrasou o territorio galego levou a dúas irmás a pedir protección a San Lourenzo, patrón da aldea, ao que lle ofreceron como sinal de agradecemento dúas bestas.
No momento do curro prodúcese un man a man espectacular entre os aloitadores e os cabalos. Todo, co fin de raparlle as crinas e marcalos. Aloitadores, veciños e visitantes son os protagonistas deste especial, en que se recollen os seus particulares testemuños e opinións sobre esta importante festa, que traspasa fronteiras.