Especial
Rapa das Bestas de Candaoso 2018
02/07/2018 22:45 h
A Rapa das Bestas de Candaoso, en Viveiro, é unha das celebracións máis ancestrais de Galicia, declarada Festa de Interese Turístico.
No alto dos montes do Buio, concretamente no lugar do curro de Candaoso, na parroquia de Boimente, celébrase o primeiro domingo de xullo unha rapa que este ano fai 50 anos.
Outro espectáculo a ter en conta é a típica pelea de garañóns, os machos da manada, que se enredan nunha loita de poder para dirixir o resto. Tras o espectáculo, visitantes e participantes xúntanse arredor das mesas para compartir vivencias e un bo xantar.