Zigzag diario
Ramón Souto / Sensacional / O último de Bob Dylan
O entrevistado é o compositor Ramón Souto, membro fundador de Vertixe Sonora Ensemble, un colectivo que integra destacados solistas de música contemporánea de Galicia e Portugal, coa vontade común de desenvolver propostas musicais que teñan unha perspectiva artística global. O colectivo organiza en Vigo o Festival Vertixe, que comeza mañá e onde terá lugar a estrea mundial de “Produktionsmittel II”, do compositor Joan Arnau Pámies.
O programa ofrece unha conversa cos membros do grupo de rock-indie Sensacional, que están dispostos a facerse un oco entre as formacións que reivindican a mellor esencia do pop clásico e melódico, pero facéndoo con criterio propio. O seu debut discográfico é “Relatos e intervenciones de hoy”, onde xuntan 12 pequenos himnos.
Ademais, ZigZag destapa o novo tesouro oculto de Bob Dylan. Acaba de saír á venda a edición definitiva do álbum “The basement tapes complete”, que contén todas as cancións, ata 138, das súas misteriosas sesións con The Band no seu retiro rural de 1967.