Zigzag diario
'Raíces aéreas', Gonzalo Guerreiro e novo álbum de Eric Clapton
“Raíces Aéreas” é o novo traballo de Mónica de Nut e Luís Martíns. Un disco en que a potente voz da solista se acompaña de arpas celtas acústicas e eléctricas. Temos unha reportaxe deste potente álbum, que ten como elemento inspirador sons e gravacións recollidas en Galicia. Cantos de mulleres que transmiten toda a forza da cultura popular e que conectan coa esencia de Galicia, expostos baixo a ollada de dous músicos pouco convencionais e que se caracterizan polo emprego pouco común dos seus instrumentos.
Dedicamos os mércores á música, polo que contaremos no estudio de gravación coa presenza do músico e actor Gonzalo Guerreiro, que falará do disco en que traballa: “Ar”.
Estreamos vídeo musical do grupo pontevedrés Mr. Magoo e Moncho Lemos falará na súa sección do novo disco, gravado en directo, de Eric Clapton.