Zigzag-Eirado
Rafael Quintiá, recomendacións cinematográficas,Triángulo de Amor Bizarro, Brais Morán e BellónMaceiras
“ZigZag-Eirado” achégase hoxe ao Entroido da man de Rafael Quintiá, presidente da Sociedade Galega de Antropoloxía. O experto falará desta tradición, con moito arraigamento en Galicia e que dá lugar aos máis variados costumes e personaxes nas ditintas vilas da comunidade autónoma.
O programa presentado por Tino Santiago fará tamén algunas recomendacións cinematográficas. “La gran apuesta” será un dos filmes comentados no espazo da galega. Trátase dunha adaptación do libro do mesmo título, escrito por Michael Lewis. Unha reflexión sobre a creba do sector inmobiliario norteamericano, que estivo na orixe da crise económica que se produciu a nivel mundial a partir do 2008.
Desde os Estados Unidos, chega a cinta “Spotlight”. Dirixida por Thomas McCarthy, conta a historia dun equipo de reporteiros do “Boston Globe” que, en 2002, destapou os casos de pederastia cometidos durante anos por curas de Massachussets. Por último, o espazo da Galega comentará o filme de Keina Espiñeira “Tout le monde aime le bord de la mer”, unha mirada sensorial ao drama da emigración.
No apartado musical, “ZigZag-Eirado” recibirá a Triángulo de Amor Bizarro, que presentará o seu novo disco “Salve Discordia”, unha nova colección de poemas urbanos do cuarteto galego, e a Brais Morán, que presentará o seu primeiro álbum en solitario: “Cruzando el eclipse”, en que a través do rock se traslada o oínte á Costa da Morte. O programa falarán tamén co dúo de acordeón e gaita BellónMaceiras.