Zigzag diario
Rafa Anido, Festival Curtocircuito e o novo álbum dos Pretenders
Música aceda, bizarra e electrónica con Rafa Anido. a quen entrevistamos no estudio de gravación. Acaba de presentar o seu novo disco, chamado “18”. Este LP de Sr. Anido e Sra. Álvarez é unha fusión de estilos e influencias que non deixa a ninguén indiferente. Rafa coa guitarra, voz e baixo, e Javi Álvarez, cunha multitude de trebellos electrónicos e percutibles, crean unha lista de cancións distinta ao que se vén escoitando e que experimenta con novas fusións e sons pouco usuais.
Falaremos do Festival Curtocircuito, que se está a celebrar durante toda esta semana na cidade de Santiago de Compostela. Na sección “Live Cinema” do evento hai unha das citas ineludibles desta semana. Esta será con Lena Willikens, unha picadiscos e produtora do momento de orixe alemá, que presenta o “Phantom Kino Ballet”, unha peza teatral audiovisual en que se funden audio e vídeo experimentais.
Ademais, repasamos o programa das Festas do San Froilán de Lugo, que contará con ducias de concertos e actuacións durante algo máis dunha semana. Jazz, folk, rock e mais pop serán os protagonistas das noites lucense, e artistas como Bebe, Abraham Mateo, Carlon Núñez, Ana Moura ou Mambo Jambo encherán as rúas da cidade de música e talento. Na sección 'Fondos Reservados', Moncho Lemos, que falará do grupo musical Pretenders.