Zigzag diario
Radio Cos, Iván Ferreiro, Villanueva e “Mediterráneo”
No estudio, Pilar G. Rego entrevista a Xurxo Fernandes, o cincuenta por cento do grupo Radio Cos, que presenta o seu disco “Pasatempo” este venres en Vigo. O conxunto, formado por el e Henrique Peón, interpreta música folk e tradicional e co seu primeiro traballo adquiriu recoñecemento mundial. O programa reservará tamén un espazo para unha reportaxe sobre un dos galegos con máis proxección, Iván Ferreiro. Os reporteiros do programa entrarán na súa casa, dende onde el presentará o seu disco titulado precisamente así, “Casa”. Iván Ferreiro estará en concerto este venres na Coruña e o sábado en Santiago de Compostela. Ademais, na sección de Moncho Lemos soará “Mediterráneo”, un clásico do popular cantautor catalán Serrat, e presentarase o primeiro sinxelo do novo disco “Zoo para dos” de Villanueva, titulado “Ella”.