Estache bo!
Quiche de espárragos verdes con tenreira
Ingredientes:
1 rolo de pasta brisa 6/8 espárragos verdes 300 gramos de carne de tenreira galega picada 4 ovos 300 ml de nata 150 gr de queixo relado Caldo de carne Sal Pementa AOVE
Elaboración:
O quiche de hoxe tocou de espárragos verdes e tenreira. Enfornamos a masa 5 minutos a 180 graos para que queda un pouco dura. Escaldamos os espárragos cinco minutos e arrefriámolos. Nunha tixola rustrimos ben o entreteto, engadimos a carne e cociñámola ata que cambie de cor. Engadimos un par de cazos de caldo de carne e cocemos dous minutos. Incorpo- ramos os espárragos e deixamos arrefriar. Nun cunco mesturamos a nata, os ovos e o queixo relado. Incorporamos a carne cos espárragos nesta mestura e envorcámola na masa. Enfornamos durante 30 minutos a 180 graos, empratamos e listo para comer...!!!
Hoxe, o noso reporteiro Rafa Durán visitará en Chandebrito a Ricardo, unn agricultor da Horta do Val, quen nos falará do produto estrela de hoxe: os espárragos verdes.