CRTVG

Buscar

Betty Atómica

Quen é o mellor rapeiro? / Move o pandeiro

25/10/2022 14:51 h

Elizabeth "Betty" Barret é unha nena de 10 anos cun gran segredo. Para os seus amigos e a súa familia, ela é unha moza doce e intelixente, pero cando a galaxia a precisa, desposúese da súa personalidade e convértese na superheroína Betty Atómica, Gardiá Galáctica e Defensora do Cosmos. Con ela están Sparky, o entusiasta, famento e hiper-piloto da súa nave espacial; e o Robot X-5, a enciclopedia móbil do universo, non hai especie nin planeta que X-5 non coñeza. Xuntos loitarán contra o inimigo número un, o super-vilán Máximus I. Q., quen non ten maior obxectivo que descubrir a localización do planeta de Betty e destruila. Máximo ten como asistente a Mínimo P.U. cuxo xiro de cabeza, na que ten dúas caras distintas, permítelle cambiar de identidade, xa sexa por un gruñón, ou por un tímido e sentimental axudante. Na Terra, ninguén sospeita que mentres algúns alumnos estudan para o seu exame de mañá, Betty estea nun planeta estraño loitando contra alieníxenas, e iso é o que lle gusta a Betty.

Atopar capítulo por: