CRTVG

Buscar

Momentos G

Que pasa cos terremotos que de cando en cando se rexistran en Galicia?

29/05/2021 14:41 h

Na madrugada do venres 21 de maio, os veciños da vila ourensá de Laza sobresaltáronse nas súas casas. A terra tremeu a unha magnitude de 3,9 graos na escala de Richter. Foi o sismo máis intenso que se rexistrou na provincia de Ourense no último século e o maior en toda Galicia desde hai 24 anos, cando se alcanzaron os 5,1 graos de magnitude en Triacastela.

Juan Ramón Vidal Romanía, profesor emérito da UDC e director do Instituto Universitario Xeolóxico Isidro Parga Pondal, explícanos por que suceden estes tremores.

Atopar capítulo por: