Que casas!
Ardán, Santiago, O Grove, Teo e Ourense
27/07/2022 23:45 h
Vivir nun entorno que está en constante cambio fai que, dalgún xeito, todos teñamos unha casa móbil. Mentres uns levan este concepto un pouco máis alá, outros tratan de que todo ese movemento se adapte a todo o que hai nos seus fogares. No 'Que Casas!' de hoxe, coñeceremos como a través da decoración, da instalación de grandes piscinas e do coidado de amplos xardíns, moitos propietarios atopan o equilibrio no medio do caos que moitas veces nos acompaña.