Que casas!
Qué casas!
17/01/2016 23:30 h
No complexo residencia de Ramirás, moi preto de Ourense, o espazo da TVG amosará unha espectacular casa de máis de 300 metros cadrados, dotada dunha piscina interior. En Mondariz, os espectadores verán unha cabana de deseño en pleno monte.
Outras boas mostras de singularidade arquitectónica serán o espectacular dúplex deseñado por Víctor Cotelo no parque da Alameda de Santiago e unha casa de deseño de planta única no concello de Brión.
“Que Casas!” tamén pasará esta noite pola costa, concretamente, a de Boiro, onde o equipo do programa coñecerá un exemplo impecable de como restaurar unha vivenda de pedra tipicamente galega.