Estache bo!
Pudin de pan de Cea coa súa torrada
Ingredientes:
Para o pudin: 400 gr de azucre 6 ovos 400 gr de pan Azucre para facer un caramelo 1 culleriña de vainilla 1 culleriña de canela Reladura dun limón Unha presa de uvas pasas 650 ml de leite Para as torradas: 4 rebandas de pan de Cea 500 ml de leite 3 culleradas de azucre 1 laranxa Canela en rama 4 ovos Aceite de xirasol
Para o empratado: Noces Canela en po
Elaboración:
Cun bo pan galego podemos facer centos de sobremesas deliciosas, e unha delas é o pudin de pan de cea coa súa torrada. Comezamos infusionando o leite cunha monda de laranxa e unha rama de canela. Noutro cazo, facemos o caramelo con azucre e unhas pingas de auga. Para o pudin mesturamos o pan, os ovos, o azucre, a esencia de vainilla, a reladura dun limón, as uvas pasas e o leite. Nun molde vertemos o caramelo. Enriba o pudin e enfornámolo 40 minutos a 180 graos. Nunha tixola friximos a torrada previamente enchoupada no leite aromatizado, e a continuación pasámola polo ovo mesturado cun chisco de azucre e frixímola. Empratamos e listo para comer…!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en San Cristovo de Cea a Sofía, da empresa Aboamigalla, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o pan de Cea.