CRTVG

Buscar

Xenio e enxeño

Os froitos secos / Controis para o que consumimos

31/12/2020 16:40 h

Os froitos secos foron gañando protagonismo na nosa dieta pola súa accesibilidade e pola popularización dos seus beneficios nutricionais. A propia Organización Mundial da Saúde recomenda o seu consumo en cantidades axeitadas para ter unha alimentación sa. Cargámonos de enerxía descubrindo como é o proceso de elaboración dos froitos secos nunha empresa galega que se sitúa como unha das máis importantes do seu sector en España, cunha produción total de 4.500 toneladas ao ano.

Prendas de roupa, cosméticos, alimentos ou medicamentos son produtos que usamos diariamente e que están regulados por lexislacións e normativas esixentes que garanten a calidade a seguridade no seu uso. Pero… como se certifica que estes produtos cumpren cos controis necesarios antes de saír ao mercado? Visitamos unha empresa galega que proporciona solucións analíticas para os sectores agroalimentario, téxtil, veterinario e farmacolóxico. Nas súas instalacións dispoñen de alta tecnoloxía no campo das análises físicas, químicas e biolóxicas para asegurar a maior fiabilidade no seu traballo.

Atopar capítulo por: