CRTVG

Buscar

Vaia choio!!

Programa 10: Operario de despeza de embarcacións

16/07/2021 10:30 h

Francesco Negroni desprázase ata o porto da Coruña. Alí desenvolve as súas actividades Desguaces Petrallo, unha empresa que se dedica a Entre o seu currículo de desfeitas históricas atópanse exemplares desgraciadamente famosos como o Urquiola ou o propio Mar Egeo. Francesco Negroni, o italiano engominado que anda á procura de traballos duros por Galicia, diríxese ao porto coa intención de embarcar nun cruceiro. Unha vez alí decatarase de que si vai embarcar, pero non precisamente de cruceirista, senón de operario. Francesco enfundarase o mono de traballo, porá o casco, e terá que desmontar a cuberta, desfacer a neveira onde ía o peixe, esnaquizar os camarotes do barco... Todos os traballos supervisados polo resto de operarios, cada un dun lugar do planeta. Desde Cabo Verde, Brasil pasando por Camerún. Francesco Negroni nun desguace de barcos. Un programa pensado para os que padezan síndrome postvacacional.

Atopar capítulo por: