CRTVG

Buscar

Un país en 360

O Camiño francés

26/03/2022 20:00 h

Estíbaliz Veiga comeza no Cebreiro, na Serra dos Ancares, a ruta con máis sona das peregrinacións xacobeas: o Camiño Francés. Despois de visitar as pallozas e coñecer a lenda do Santo Grial de Galicia, pasaremos polo Mosteiro de Samos e coñeceremos a historia da aldea asolagada de Portomarín. Tamén voaremos sobre o Castelo de Pambre e correremos a popular media maratón de “Os 21 do Camiño”, que nos levará de Palas de Rei a Melide por unha espectacular contorna natural. Ao chegar a Compostela, teremos a oportunidade de ver a Catedral de Santiago como nunca antes se vira e gozar en 360 do impresionante resultado da súa recente restauración.

Atopar capítulo por: