Un mundo de historias
O pecado
30/10/2020 10:07 h
Na vila, Hadrián coñece a historia do Pecado, o funcionario de xenio rabudo que trata moi mal a muller, dona Isolina.
O Pecado vira a Rita dous episodios antes e namorárase dela. Péchase no cuarto e escribe cartas de amor con papel da oficina. Dona Isolina decide escribir en nome da moza cartas de amor e enviarllas ao traballo. O Pecado cambia de humor e pasea namorado polas carballerias dos arredores. Unha mañá o Pecado ve a súa muller escribir unha desas cartas de amor.
Hadrián é testemuña desta tráxica e tenra historia de amor e desamor.