Tal semente
Programa 26
07/01/2024 12:50 h
Centola, nécora, cigala... Está claro que o tema de hoxe no Tal semente é o marisco. A singularidade da nosa costa e as características do noso mar fan que Galicia teña o mellor marisco do mundo. Hoxe falaremos destes moluscos e crustáceos e de algo tamén moi importante, das grandes exaltacións gastronómicas que temos deste produto no noso país. Compiten no programa Andrea e Aleix, tía e sobriño de Camelle, Javier e Daniel, tío e sobriño da comarca de Santiago, e Mari Carmen e Vanesa, primas de Cesuras.