Premios María Casares
XXII Premios de Teatro María Casares
21/03/2018 22:50 h
O teatro Rosalía de Castro acolle a vixésimo segunda edición dos premios de teatro María Casares, nunha gala que conmemora os 40 anos de teatro profesional en Galicia. A obra 'Elisa e Marcela' foi a gañadora da noite con catro premios, entre eles os de mellor espectáculo, dirección, texto orixinal e actriz protagonista. O mesmo número de galardóns logrou 'A cabeza do dragón', neste caso ao mellor actor protagonista e secundario, mellor vestiario e mellor adaptación. O premio de honra Marisa Soto foi este ano para a actriz Rosa Álvarez.