CRTVG

Buscar

Peregrino

Peregrino 13

15/10/2017 11:30 h

O programa despide a súa primeira temporada na Televisión de Galicia realizando unha nova ruta polo Camiño de Santiago e coñecendo novos transeúntes. Cada semana, o espazo tratou de amosar as motivacións e as experiencias dos variados peregrinos que cada día realizan este trazado. Para moitos, máis que unha ruta é un traxecto cara ao encontro da espiritualidade; unha forma de atoparse a un mesmo ou de atopar respostas a certas cuestións que nos presenta a vida, unha aventura inesquecíbel que marca un antes e un despois na vida de quen o percorre.
O programa amosou, non só os pobos, xentes e lugares pintorescos que os camiñantes percorren ata chegar a Santiago, senón tamén a beleza, as preocupacións, a historia e os intereses das persoas que o percorren. 
Nesta edición, “Peregrino” realiza o itinerario con alumnos dun colexio de Alacante, que elixiron o Camiño como viaxe de fin de curso. Sen dúbida non o esquecerán, ao igual que Juan Carlos, que camiñou só tendo arredor dun 10% de visión, pero con moitas ganas de superación.

Atopar capítulo por: