O son da ribeira
Programa 26: Fisterra
Na música tradicional Fisterra é un tema interpretado por moitos grupo, e nós imos a escoitalo interpretado polo grupo Luar na Lubre en colaboración coa Coral de Ruada.
Para constatar que certo é que Fisterra vai na proa da cultura mariñeira, como afirma a canción, imos estar con Manolete Martinez, que é o patrón maior.
Tamén co poeta e guía do Museo da Pesca de Fisterra, Alexandre Nerium. Unha versión distinta pero moi orixinal nola trae Baiuca. Amanda Estévez é unha pintora fisterrá que pinta cadros do Fisterra doutras épocas. O grupo que popularizou o tema Fisterra foi Treixadura, e claro temos que escoitar a súa versión.
E por suposto escoitar aos veciños e veciñas de Fisterra cantar o seu tema, e isto farémolo coa Coral Polifónica Virxe das Areas-Casino, e teremos unha conversa co seu director Moncho Domínguez.