CRTVG

Buscar

O show dos Tonechos

Volven Os Tonechos

27/06/2018 22:00 h

Os Tonechos regresaná Televisión de Galicia cun programa especial en que non faltan as gargalladas nin as ganas de pasalo ben cos seus divertidos sketchs. 
15 anos pasaron dende que os espectadores os coñeceron por primeira vez en “Luar” debido a que non podían durmir polo ruído que proviña da discoteca Dona Dana (lugar desde onde se emitía o programa por aquel entón). Desde aquela, Tonecho, Tucho, Maribel e Amadora foron asiduos ao programa de Xosé Ramón Gayoso e metéronse nos  fogares de miles de galegos. Icónicos Galicia, foron o pai da familia co seu particular pixama e a súa gorra de mariñeiro ou e o fillo co seu casco. Eles deixaron infinidade de grandes momentos e frases memorables.
Tras a súa desaparición das pantallas, volveron hai uns meses ao “Land Rober Tunai Show”, onde se viron as caras con outras das parellas máis importantes do humor galego: as Cantareiras de Ardebullo. 
En “Volven os Tonechos”, Tucho viaxará ao futuro e verá como vai a ser a súa vida, a chegada dun novo membro á familia revolucionará a Tonecho, pai e fillo intentarán estafar unha compañía de seguros e desaparecerá o can de Amadora, entre outras moitas situacións cómicas. 

Atopar capítulo por: