O mellor entroido do mundo
O mellor entroido do mundo
As reporteiras do espazo estarán no triángulo máxico ourensán formado por Xinzo de Limia, Verín e Laza, onde descubrirán os segredos de pantallas, cigarróns e peliqueiros.
O Entroido rural de Salcedo, na Pobra do Brollón, co seu famoso oso que baixa do monte; os xenerais da Ulla, e o 'fulión' de Manzaneda serán outras das celebracións ás que acudirá o programa, que continuará o seu percorrido no Morrazo onde manteñen vivas danzas ancestrais do Entroido, como as que executan as madamas e galáns de Cobres, ataviados con coloridos traxes. Así mesmo, as xornalistas de 'O mellor Entroido do mundo' participarán en celebracións urbanas como a tradicional
'Voda da Pita', que celebran no barrio ourensán das Eiroas, ou o espectacular desfile de carrozas e comparsas da cidade de Pontevedra.
Outra parada do espazo divulgativo estará en Fisterra, onde os protagonistas serán nenos e nenas que viven con emoción estes días de festa. A gastronomía tampouco faltará e os espectadores poderán ver como preparan no concello de A Baña as tradicionais filloas e orellas.