O clan das mariñeiras
O soño de Arantxa Toriza, capitana de pesca no mar do entusiasmo
Pescaba luras na ría de Viveiro co seu tío Alfonso patrón de pesca cando aínda era moi nena. Agora vai na ponte gobernando barcos pescando no Gran Sol, as Malvinas ou Canada. Non foi fácil chegar ata aquí para Aranxta Toriza que hoxe é capitana de pesca.
Aínda hai moitos prexuízos para embarcar a unha muller na pesca de altura e moitos mais se vai ser a patroa do barco, pero Arantxa é o que quere ser e a súa vida vai estar na ponte dun barco, porque para isto se esforza con moito entusiasmo: Arantxa Toriza.
Arantxa pasea polo porto de Celeiro coa súa nai que se chama Justa. O seu pai, que foi mariñeiro, morreu cando ela tiña só sete anos. Son dúas mulleres que falan do próximo embarque de Arantxa. Vai ir traballar de segunda patroa ao Cantábrico.
Son dúas mulleres contra o destino, que se entenden e se compenetran, o soño de Arantxa é das dúas, aínda que para a nai ese soño traia medos, pero é o soño da súa filla e quere que o cumpra.