Non lle chames amor
Programa 13: Na Ribeira Sacra con Maria e Juanjo, Román e Xácia
A psicóloga e sexóloga Raquel Graña aborda nesta nova entrega de ‘Non lle chames amor’ un tema tan recorrente como é o do desexo sexual: en que consiste, como cambia a súa intensidade ao longo dos anos e se hai xeito de fomentalo. Nesta ocasión a limusina do programa pon rumbo á Ribeira Sacra para coñecer a María e a Juanjo, unha parella que leva máis de doce anos de relación e que é a proba de que o amor non ten idade aínda que tivo que defenderse de moitos prexuízos.
Outra persoa que vén disposta a falar de sexo sen tabús é Roman, un home que con setenta e tres anos asegura estar moi en forma a nivel sexual. E por último, coñecemos a Xácia, unha norteamericana namorada de Galicia que fundou un santuario LGTBI nada máis e nada menos que na Ribeira Sacra.