No mellor da vida
Eduardo, Paco e José Ramón
15/04/2016 00:44 h
Capelán intérnase nas tebras das covas do rei Cintolo, da man de Eduardo e Paco, dous espeleólogos que aínda seguen en activo. Dado que a estes dous homes lle gustan as emocións fortes, o programa ponos a proba levándoos a practicar un deporte de risco.
“No Mellor da Vida” tamén nos presenta a José Ramón, un xubilado que se dedica a facerlles a vida máis doada a outros xubilados, organizando máis de 50 actividades para os seus veciños. José Ramón é un arquitecto frustrado, polo que o equipo do programa, que cre que nunca é tarde para seguir aprendendo, fala co televisivo arquitecto Joaquín Torres para que anime a José Ramón a comezar os estudos de arquitectura.