CRTVG

Buscar

Meniños cantores

Programa 4

16/01/2022 19:45 h

No derradeiro capítulo desta serie documental comezaremos por Tomiño, onde unha alumna da edición do 2005 agora chega como artista triunfadora para amadriñar aos rapaces. É Andrea Pousa. Xuntos farán unha preciosa versión de “O Tren” de Andrés Do Barro.
Cruzaremos a fronteira e iremos a Caminha. En concreto a Áncora, onde as crianzas terán preparada “Não me atires com pedrinhas”, un tema tradicional en que o contrabaixista Jaime Álvarez será o padriño. E volta a Galicia.
Toca visita ao Rosal. Lucía Pérez, a nosa artista de Eurovisión, será a madriña dun tema tradicional galego: "O xastre coxo”. E para rematar o percorrido por centros educativos, habemos de ir a Viana. Visitaremos outro centro de educación especial, o APPACDM, onde o padriño será Augusto Canario, acompañado polo grupo de cavaquinhos de Outeiro.
Pecharemos todo este traballo itinerante dun xeito moi especial: os padriños e madriñas de todas as localidades interpretarán MAIS PERTO, o himno dos Meniños Cantores!

Atopar capítulo por: