CRTVG

Buscar

Matalobos

Matalobos, o auténtico clan

06/03/2018 23:00 h

Capítulo especial sobre esta histórica produción, a primeira que retratou na pequena pantalla o narcotráfico en Galicia con toda a súa crueza. A serie, que marcou unha época, emitiuse por primeira vez o 13 de abril de 2009 e permaneceu en pantalla ata xaneiro de 2013. Foron en total cinco temporadas, repartidas en 87 capítulos, que se viron apoiados por unha audiencia masiva e fiel, convertendo así “Matalobos” nunha das producións de maior éxito da Televisión de Galicia e nun auténtico fenómeno social.
Planadoras sucando a ría a toda velocidade para desembarcar os fardos na praia, un capo carismático que manexa o clan con man de ferro, branqueo de cartos, narcotraficantes reconvertidos a empresarios con poder e influencia social, a loita da policía e dos xuíces para atrapalos… Todos estes e outros ingredientes reuníronse por primeira vez hai xa case nove anos co lanzamento de “Matalobos”, serie producida por Voz Audiovisual, que desde o primeiro momento enganchou a audiencia e cativou a crítica. Ambientada na ficticia vila costeira de Sardiñeira, desde onde a familia Matalobos se converteu na máis poderosa do litoral galego, a produción destacou tamén pola ambientación natural. Apenas había tregua nunha trama repleta de intrigas e acción, en que aparecían actores como Luís Iglesia, Camila Bossa, Luísa Merelas, Carolina Vázquez e María Mera, entre outros moitos.
Esta emisión especial conta como se formaron os clans, como se organizaba o tráfico de droga, as relacións cos traficantes da outra beira do Atlántico, a loita entre familias e a persecución especial. 

Atopar capítulo por: