Malo será!
Desde o Auditorio Municipal de Ourense
23/04/2023 15:30 h
'Malo será!' volve ao Auditorio Municipal de Ourense nun novo capítulo do programa presentado por Lucía Regueiro. Hora e media do mellor humor sobre o escenario, nesta ocasión coa participación de Pepe Capelán como convidado de excepción.
O novo talento estará representado por Antía Vidal, nun capítulo no que a audiencia asistirá á consulta dun curioso doutor, a un atraco do máis romántico ou a unha reunión de ricos con problemas. Non faltarán á cita cos espectadores Chiruca e o resto de personaxes habituáis do programa.