CRTVG

Buscar

Luz verde

Condutores profesionais

12/08/2017 20:30 h

Os condutores profesionais presentan unha taxa de accidentalidade próxima ao 18% do total dos sinistros. Deben someterse a unha normativa complexa e, en moitas cuestións, máis restrictiva ca a dos condutores normais. Expóñense ao perigo do tráfico polas horas que pasan na estrada e guían vehículos de difícil condución. Cando se ven involucrados nun accidente, as consecuencias adoitan ser fatais.

O tenente coronel Francisco Javier Molano explica a problemática que atinxe a este tipo de condutores e a coordinadora en Galicia da DXT, Mª Victoria Gómez Dobarro, expón as particularidades normativas e as cifras de accidentalidade que lle afectan este colectivo de condutores. 

Ademais, os gardas Héctor Teixeira, Ángel Rego e Ricardo Araújo fálannos dos axentes especialistas en transportes e de como traballan a pé de estrada para axudar e controlar os condutores profesionais. A voceira da asociación de vítimas Stop Accidentes, Jeanne Picard, comparte co programa a experiencia de perder un ser querido por mor dun accidente de tráfico. 

Atopar capítulo por: