CRTVG

Buscar

Latexos da cidade

Con Luís Veira na Coruña, na Escola Superior de Hostalería de Santiago, cos preparativos da Festa da Reconquista en Vigo e unha xornada marisqueira en Ferrol

03/10/2023 22:45 h

Neste episodio de Latexos da cidade visitamos A Coruña, Santiago, Vigo e Ferrol. Na nosa primeira parada coñecemos o cociñeiro Luís Veira e o seu restaurante Michelin na Coruña, quen nos vai ensinar a creatividade da súa cociña e aceptará un gran reto.

De cociña en cociña, movémonos ata o Centro Superior de Hostalaría de Galicia en Santiago de Compostela, onde o seus alumnos presentan hoxe o proxecto de titulación. Despois viaxamos a Vigo, onde os veciños da zona vella están xa cos últimos preparativos para unha data moi especial, a Festa da Reconquista. Finalmente, remangamos os pantalóns e imos a Ferrol para acompañar os mariscadores nunha xornada moi especial de recollida de vieira.

Atopar capítulo por: