CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

De figos, fabas e peixes fabulosos

26/05/2020 22:30 h

Hai hortalizas de froito, como os cabazos ou os pementos, e tamén de folla, como as espinacas ou os grelos; Non debemos esquecer as soterrañas, como as patacas ou allo porros, e os legumes, como as fabas...Hai zonas enteiras de Galicia famosas polas súas hortas, como o Salnés, Betanzos, as Mariñas ou as veigas da Ulla... Hoxe, no Social Club, poñemos en valor todos estes produtos, e cociñamos xunto con Kike mais Eloy un par de pratos con sabor a horta.

Ademais, contaremos coa visita dun peixeiro como quedan poucos, que fará unha exhibición da súa arte preparando un mero que fará as delicias de todos os Larpeiros.

Merchi fará un deses pasteis que a fixeron famosa, con figos asados, requeixo e crema pasteleira, entre outras delicias. Adrián viaxará ata Lugo para levar ao club unhas fabas frescas de Lourenzá. 

Atopar capítulo por: