Galicia 4.0
Pan tostado e grupos electróxenos
10/02/2017 11:45 h
Reportaxes:
- Técnicas vangardistas para fabricar pan tostado: Natalia, hostaleira en Vila de Cruces, guíanos por unha fábrica de pan tostado onde se emprega maquinaria de última xeración para elaborar rebandas de gran calidade.
- Fabricación de grupos electróxenos: introdúcenos no proceso de fabricación, no funcionamento e nas aplicacións dun elemento dos grupos electróxenos, que permiten levar a enerxía a lugares onde case parece imposible e que, noutros casos, serven como solución de urxencia ante avarías ou faltas de subministración da rede eléctrica convencional. Unha empresa galega lidera este subsector a nivel nacional.