CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 91: "San Francisco"

01/07/2015 23:30 h

Pero a pesar de que os chinos ocupan a meirande parte do tecido inmigrante, tamén hai unha pequena presenza de comunidade galega que rolda as costas de San Francisco.  O informático coruñés Juan Puig é un deles. Aos seus 27 anos xa pasou por Londres, Suecia e Singapur e hai dous anos recaeu en San Francisco para traballar coma deseñador web. Juan viaxará co equipo en barco ata Alcatraz e tamén amosará a súa casa e o seu centro de traballo. 

A informática tamén levou o tudense Pablo Álvarez a establecerse na cidade. Da súa man, os espectadores coñecerán o seu lugar de traballo e o famoso barrio de Chinatown. Logo coñecerán a María Reigosa, educadora infantil que con só 22 anos aterrou nesta cidade para estudar e que amosará Twin Peaks e algún dos locais máis singulares do Barrio do Castro. 

Como di a canción: “Hai un galego na Lúa, e vén do Ferrol”. Neste caso, o galego vén de Compostela e non está na lúa, senón en Google. Jacobo Tarrío, outro informático, ten o privilexio de traballar nas instalacións que o xigante da internet ten en Sillicon Valley e con el os espectadores da Galega poderán percorrelas. Finalmente, Jacobo Barreiro, músico e especialista en efectos visuais, deseñador de escenarios para “A Guerra das Galaxias”, fará de guía en Alamo Square e o Golden Gate Park. 

Atopar capítulo por: