Festa na baiuca
Nas praias da Lanzada, no Grove, e de Barraña, en Boiro
12/09/2023 00:30 h
Festa na baiuca achégase esta semana ás praias da Lanzada, no Grove, e de Barraña, en Boiro. No Grove visitamos o Pinamar, un local centrado na gastronomía mariñeira coa esencia das avoas. En Boiro, coñeceremos a historia dunha familia ligada á hostalaría de verán, alí dous irmáns competirán por demostrar cal é a mellor baiuca da contorna.