CRTVG

Buscar

Feirantes

A gran final

10/09/2017 23:00 h

As concursantes que acadaron máis puntuación e polo tanto disputarán este domingo a gran final son Maruxa, Mari Luz e Sonia. Nesta ocasión non estarán os mestres polbeiros e serán as concursantes, sen ningún tipo de axuda, as que deberán de preparar o mellor polbo á feira. 
Grande emoción promete esta final, en que se coñecerá a mellor polbeira da edición de 2017 de “Feirantes”, que levará como agasallo un trofeo e unha fin de semana para dúas persoas nun parador da rede de Paradores de Turismo. O xurado estará composto polo cociñeiro Luís Veira, Clara López, experta polbeira con máis de 40 anos de experiencia, e Xulio Xiz, xornalista e escritor, organizador das festas do San Froilán durante anos e un apaixonado do polbo. 

Atopar capítulo por: