Doutor en Galicia
Programa 13
Manuel Vázquez e Concepción Abellás son médico xefe de urxencias e enfermeira supervisora de urxencias no Hospital do Salnés respectivamente. Ademais os dous pertencen á xunta directiva de SEMES, eles explicarannos como traballa a unidade de urxencias do hospital dende que o doente chega e pasa polo etiquetado das cores ata que é recoñecido por un médico nun box.
Iñigo Montesino é Xinecólogo e Xefe de Servizo de obstetricia e xinecoloxía do Hospital Virxe da Xunqueira en Cee. Ensinaranos unha consulta de xinecoloxía e con el visitaremos a sala de partos e as salas de dilatación
Achegámonos ao Hospital de Burela onde nos recibe Alberto Carral que é oncólogo e traballa un día á semana neste hospital. Con el descubriremos como é unha consulta de oncoloxía e onde se subministran os tratamentos.
Gloria Enriquez, máis coñecida como “a decoradora” é enfermeira ademais de responsable da humanización do HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti). Contáranos o porque do seu alcume e os distintos proxectos de humanización como os murais que decoran os corredores do hospital ou a CiberAula.
Visitaremos o CHUS (Centro Hospitalario Universitario de Santiago) onde nos agarda Begoña Ares, médico de neuroloxía. Con ela poderemos asistir a unha intervención onde se lle implantará a un paciente un dispositivo para mellorar a enfermidade do Parkinson. Ademais faremos unha visita ao Hospital de Día onde administran os tratamentos para mellorar as enfermidades neurolóxicas.