CRTVG

Buscar

Desexo concedido

Eva e Salvador, Betty e Esther

12/06/2022 19:30 h

Neste programa de 'Desexo concedido’, Isabel Blanco demostrará que cando desexamos algo con moita forza, hai moitas posibilidades de que acabe por facerse realidade. Coñeceremos a Eva e Salvador, un matrimonio de Ourense cunha historia de amor duradeira que superou etapas moi complicadas e que está a piques de cumprir o seu 20 aniversario de voda. Rexentaron unha tenda de ultramarinos que desgraciadamente acabou pechando. Debido aos gastos, tiveron que vender ata as súas propias alianzas, o símbolo máis importante do seu amor.

Tamén coñeceremos a Betty, unha moza de Oímbra que tivo que emigrar a Alemaña na procura de traballo. Profesora nun colexio na localidade de Bremen, sempre que pode vén a Galicia para reunirse coa súa familia, á que bota moito de menos, sobre todo o seu pai. Por iso, Betty quere agradecerlle o ben que se portou sempre con ela, apoiándoa nos momentos máis difíciles, e sorprendelo cun voo en globo aerostático pola súa terra natal.

A última protagonista deste capítulo é Esther, unha nena de 8 anos amante da música. Ten unha relación moi especial con María, a súa profesora, que actuará de cómplice para que a pequena Esther poida ter un piano na casa, algo que a familia agora non se pode permitir. Como vemos, un programa cheo de sorpresas e moita emoción. Benvidos a `Desexo concedido!

Atopar capítulo por: