Descúbreme
Santiago
28/09/2014 22:00 h
O programa “Descúbreme” pecha a súa segunda temporada en Compostela, Patrimonio da Humanidade.
O Pazo de Raxoi, San Martiño Pinario, Praterías, o Hostal dos Reis Católicos ou a Praza do Toural son algúns dos tesouros que os espectadores poden contemplar. Como é habitual, o “descubridor” Colombo, interpretado por Ricardo de Barreiro, vai coñecendo os atractivos do destino, ao tempo que pasa diversas probas e vai descartando os tesouros que vaian aparecendo no seu camiño. Nesta última entrega teñen unha aparición especial os actores Tamar Novas e María Mera e o músico Guille Fernández, que axudan a Colombo na súa misión.