CRTVG

Buscar

Cousas da casa

En Vilagarcía de Arousa, Vigo e Toques

06/07/2021 22:30 h

En Vilagarcía de Arousa Vanesa coñecerá a Carmela e Raúl, unha parella de mozos ligados ao mundo das orquestras. Aínda que tanto Carmela como Raúl, din levar moi ben as súas "Cousas da casa" o fogar desta parella agocha un verdadeiro "cuarto do terror" unha pequena estancia que comezou sendo un vestidor e pasou a converterse nun rocho no que se misturan todo tipo de obxectos.

No segundo caso do programa, Vanesa Travieso, enfrontarase a un problema diferente. Coñecerá a Nati e Alba, nai e filla, que viven en Vigo, nun pequeno piso que teñen moi ordenado. O problema aquí está no armario de Alba e a culpa a ten un complemento: os bolsos! Nati é unha auténtica fan dos bolsos.

En Toques, espera pola chegada deVanesa a profesora de maquillaxe Patricia Buján, para poñer orde nas súas ferramentas de traballo. Patricia é unha rapaza moi ordenada que vive na casa dos seus pais. O seu problema está no seu cuarto, no que convive cos seus obxectos persoais pero tamén cos seus trebellos profesionais.

Atopar capítulo por: