Conexión verde
Programa13
A presentadora do programa, Déborah Vukusic, entrevistará a Pablo Ramil, experto en ordenación do territorio, economía circular, lexislación ambiental e xestión de espazos protexidos.
Iago López, director de desenvolvemento de negocio da empresa Soltec, contaralle á presentadora como poden axudar os enxeñeiros no proceso de transición enerxética.
O reporteiro Xabier Santos estará con Manuel Macía, un apicultor do Courel que lle contará como se produce o mel ecolóxico; e con Ángel Prieto, técnico ambiental do CEIDA, para lembrar como debemos comportarnos cando visitamos a natureza.
Na súa reportaxe, María Rial falará con Diego López, técnico da reserva da biosfera Mariñas coruñesas, para coñecer como está a funcionar o certificado de Aloxamentos turísticos ecolóxicos.