Comisión de festas
Romaría de Nosa Señora da Lanzada
28/09/2023 00:15 h
Rematamos a temporada de ‘Comisión de festas’ nunha das praias máis espectaculares da nosa costa e descubrindo as costuras dunha das celebracións con máis tradición de toda Galicia: a Romaría de Nosa Señora da Lanzada, a onde a xente acode buscando a fertilidade e, de paso, unha boa festa. Para organizar unha romaría tan multitudinaria coma esta é necesaria unha chea de xente, por iso aquí atopamos unha comisión numerosa, que leva pouco tempo pero conta coa experiencia de tres mentores inigualables.